Galicia Emprende é unha iniciativa desenvolvida polo IGAPE (Xunta de Galicia), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020- GALICIA EMPRENDE. Esta iniciativa está destinada a novos emprendedores co fin de fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.
O proxecto de 3edata foi seleccionado polo IGAPE (Xunta de Galicia), na convocatoria 2016 de apoio a novos emprendedores, para executarse durante os meses de febreiro a outubro de 2016. Dende 3edata estamos orgullosos de que o noso proxecto fose ben valorado e merecedor da concesión do apoio por parte de IGAPE, e se atope entre os 81 proxectos beneficiarios desta convocatoria.